Monday 16 de September de 2024

Exposición “Pola cara” no Museo do Humor de Fene


Exposición “Pola cara” no Museo do Humor de Fene, onde se celebran os 30 anos da creación destas instalacións.
O presidente da Deputación, Diego Calvo, asistiu, xunto ao alcalde, a concelleira de Cultura e o debuxante Siro López, á apertura desta mostra, onde participan medio centenar de humoristas gráficos tanto galegos como españois e mesmo estranxeiros.
Durante a súa intervención, Calvo salientou a importancia do humor “nestes tempos de crise” e animou aos humoristas gráficos galegos “a seguir alegrándonos co voso traballo e a axudarnos a ver a realidade con algo máis de humor a través das tiras que publicades nos xornais”.

Ao Concello de Fene, pola súa banda, felicitoulle por manter aberto durante trinta anos o único museo español destas características